[Tradutores-Ubuntu] Varios

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Wed Apr 23 19:01:03 BST 2008


Ola Xosé,

Respondo polo medio...

Ubuntu wrote:
> 1) Na páxina https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators está mal a
> ligazón a galego21: agora é http://www.galego21.net
>
> Entre os dicionarios pódese engadir o novo de IrIndo: http://digalego.com
>   
Feito. ¿Este galego21.net é o mesmo que o galego21.org? (recordo ter
lido hai xa tempo algo sobre algunha escisión, conflito...)

> 2) Recentemente incorporouse Firefox para traducir. Na miña opinión non
> deberiamos dividir esforzos e, neste caso, eu diría de promover a tradución
> através de mancomun.org.
>
> Xosé
>   

Fran Diéguez (do GLUG) está revisando a tradución que se fixo do Firefox
3 en xuventudegaliza.net, e quedou en pasarmos en canto a teña rematado
(para acelerar a entrada da tradución de firefox 3 en Ubuntu).

Mandoume o que leva feito ata agora, e pode haber un problema para
subilo a Launchpad: nós temos un só ".po", e el está traballando con
toda unha estrutura de directorios e un grupo de ficheiros.  Non tiven
tempo de ver se as cadeas son as mesmas e chega con concatenar os
ficheiros de Fran, ou pode haber algún tipo de conflito.

Saúdos.
    Felipe.





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list