[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Fri Sep 14 16:44:03 BST 2007
Festor wrote:
> Grazas pola info Felipe pero no me refiro a esa expresión se non que a de:
>
> "A iniciar" o servidor dcph...
>
> Ti dis estar + a + infinitivo pero (non sei agora) eu encontrei traduccións
> que dician por exemplo "A instalar os paquetes"
>
> Refírome a formación: artigo + infinitivo se é equivalente o xerundio (cousa
> que non creo)
>
Ola de novo Festor,
Si, estamos falando do mesmo:
* "A instalar os paquetes", escrito correctamente sería "Estanse a
instalar os paquetes" (estar + a + infinitivo), que é equivalente
a "Estanse instalando os paquetes".
As expresións "Instalando os paquetes" e "A instalar os paquetes" non me
parecen oracións correctas, ou polo menos completas
(http://gl.wikipedia.org/wiki/Oraci%C3%B3n_%28gram%C3%A1tica%29). Como
nos menús e nas ventás dos programas non hai moito espazo, e para evitar
que o usuario se perda entre moita "literatura", é lóxico que se
recorten as oracións. Por outro lado, na maioría das guías de tradución
(ao español) indícase de forma explícita que se teña coidado ao traducir
un xerundio, xa que en inglés o utilizan asiduamente. A recomendación
xenérica é que debe traducir polo substantivo correspondente ou poñendo
o verbo en infinitivo, excepto nos casos nos que se desexa expresar que
acción é simultánea, como nunha barra de progreso.
Un saúdo,
Felipe.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list