[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Fri Sep 14 16:08:35 BST 2007


Ola a todos,

Creo que esta discusión se desviou un pouco: neste grupo facemos nosa a
guía de estilo de Trasno: http://trasno.net/trasno:estilo, é dicir,
seguimos a normativa oficial.

Partindo deste principio, estou de acordo con Alejandro e con Festor:

   1. É imprescindible que a pesar de que nos guste máis ou menos,
      sigamos a normativa para evitar (entre outras moitas cousas) a
      división de esforzos.
   2. Nos aproximemos o máis posible ao idioma falado, pero nunca
      utilizando estranxeirismos (tamén en español se utilizan palabras
      e construcións na expresión oral que nunca se utilizarían na
      escrita, e viceversa).

No que se refire á expresión "estar + a + infinitivo" é correcta, como
ben dicía Félix. É equivalente a "estar + xerundio"
(http://gl.wikipedia.org/wiki/Per%C3%ADfrases_verbais_galegas) e é
perfectamente normativa. Se se pode eliminar ou non o "estar" non o sei
(algún filólogo na lista?), pero en castelán pasa exactamente o mesmo
("Iniciando..." no canto de "Se está iniciando...").

Un saúdo.
    Felipe.


Festor wrote:
> El día 14/09/07, Alejandro <alejandro.castromouzo at gmail.com> escribió:
>   
>> Só unha preguntiña?
>> Cantos de vós falades galego a diario (totalmente)? Na casa, cos
>> amigo...etc..
>> Eu sou dun pobo da Costa da Morte (A Coruña) e sinceramente, nin diós usa,
>> e
>> perdoade a expresión o "puto galego normativo".
>> 1ºPreguntade a calquera persoa dun pobo de galicia que pensa sobre o
>> galego
>> normativo; Que da asco.
>>     
>
>
> Primeiro eu non uso o galego diariamente, era so un exemplo, pero no meu
> caso interesame usalo polo menos no meu ordenador.
>
> Segundo alá ti se non queres unha normativa, pero non contendes comigo e non
> usarei esas traducción.
>
> Una normativa é necesaria para a consolidación dunha lingua, se agora
> escribirmos coma queramos enton iso non é galego, na fala permitese o uso de
> trazos caracteristicos de cada lugar de Galicia.
>
> Con todo isto, quero dicir, que non debemos seguir a norma o pé da letra,
>   
>> porque ademáis de facerse un galego feo, polo menos para min, a maioría
>> dos
>> galego falantes non entenden a maioría das traduccións, por usarse
>> palabras
>> normativas que no galego habitual non se usan.
>>     
>
>
> Creo que non me entendes, non existe o "galego habitual" senon trazos que
> danse en distintas zonas de Galicia, e unha persoa da A Coruña traduce como
> se fala alí e un de Lugo como se fala na sua zona enton o de Pontevedrá pode
> non entendelos a ningun dos outros.
>
> Non sei se me explico ben.
>
> Debemos adaptarnos as PERSOAS non a NORMA.
>   
>> Eu, sinceramente, cústame moito máis configurar o UBUNTU en GALEGO que en
>> CASTELÁN. En Castelán enterome de todo, en Galego non, e iso que falo
>> galego
>> todo o día dende que nacín.
>>     
>
>
> O problema é que hai máis dunha persoa, e non todos falamos coma os do teu
> pobo da Costa da Morte... en cambio una normativa é xeral para todas os
> falantes do galego en toda Galicia, guste ou non.
>
> Como xa dixen alá vos, eu paso do voso "galego", é o más probable é que máis
> dun pense o mesmo ou pensará o mesmo...
>   




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list