[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas
Festor
festor90 at gmail.com
Fri Sep 14 15:55:16 BST 2007
Ok, xa somos 2 que compartimola opinion :D
Pero agora que falas de localizacions, no localepurge aparecen gl_ES.... ¿a
qué ven o ES?
2007/9/14, Félix Horro Pita <fhorro at corunet.com>:
>
> Pero a ver... a que galego nos adaptamos? Ao da Costa da Morte? Ao da
> Terra Cha? Ou a outro?
>
> Pois iso xa o pensaron uns estudosos da lingua, que se xuntaron un día
> nun sitio chamado Real Academia da Lingua Galega (que lle chaman RAG
> para acurtar) e decidiron que as administracións públicas deberían
> adaptarse a un que lle deron en chamar "normativo".
>
> Se ninguén está de acordo coa norma, será porque esta tenta recoller
> cousas de todos os dialectos, polo que non respecta ningún ao cen por cen.
>
> Por ahí comentaron que o castelán é máis "uniforme". Isto é porque uns
> estudosos da lingua castelán (haiche estudosos en todos os sitios!)
> colleron un día o castelán de Castela e dixeron "ao carallo, xa temos
> normativa" hai ben de anos.
>
> E aos arxentinos e colombianos e peruanos, e incluso andaluces ou
> galegos parécelles estupendo, seguro. E seguro que o respectan, tamén.
> Seguro.
>
>
> Sinceramente, prefiro o caso do galego. E os tradutores por suposto que
> temos que empregar o galego normativo, ou imos facer a nos propia
> normativa? Eu non creo que sexa quen de facelo, dende logo.
>
>
> E no caso de zorra, pois mira, estou seguro que tamén hai palabras que
> non sabes dicir en castelán e que empregas o galego, é lóxico cando es
> bilingüe. E ao explicar a anécdota falas como se soubeses todas as
> palabras do dicionario castelán...
>
>
>
> En fin, que non esaxeremos con isto, que é normal que cada un fale o seu
> galego (e demos grazas, porque é unha cousa preciosa), pero que nós, se
> estamos traducindo software (libre, non o esquezamos), temos que
> procurar adaptarnos aos máis dos usuarios potenciáis, e coido que isto
> só o podemos facer co normativo.
> E se queremos traducir o noso galego, haberá que facer localizacións, e
> ao igual que hai ES_AR para a Arxentina, terá que haber un GL_CM para o
> galego da Costa da Morte... ou non? Pois se non, falemos o normativo.
>
>
> Pero vamos, que esta só é a miña opinión... se non vos gusta, teño outras
> ;)
>
> Alejandro wrote:
> > Só unha preguntiña?
> > Cantos de vós falades galego a diario (totalmente)? Na casa, cos
> > amigo...etc..
> > Eu sou dun pobo da Costa da Morte (A Coruña) e sinceramente, nin diós
> usa, e
> > perdoade a expresión o "puto galego normativo".
> > 1ºPreguntade a calquera persoa dun pobo de galicia que pensa sobre o
> galego
> > normativo; Que da asco.
> >
> > Foi unha pregunta que lle fago moitas veces os compañeiros e mesmo a
> vellos,
> > e a resposta de todos parecese moitísimo: "Co bonito que son os acentos
> e os
> > dialectos, e non esa merda como falan os da telejaita".
> >
> > A maioría dos galegos usa dialectos (moi parecidos) e todos con
> influencia
> > do castelán.
> > Ningúen di o "o rato", din "o ratón", nin palabras desas raras que
> aparecen
> > nas traduccións, claramente sacadas da normativa e que nin diós sabe o
> que
> > significan.
> > Un exemplo moi típico, aínda que non ten que ver co mundo da
> informática,
> > sucedeunos en clase de física en 1º de Bacharelato (agora este ano vou
> > cursar 2º do C.S. Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas), foi que
> > leendo un problema de física poñía: "unha zorra baixa por unha montaña a
> > unha velocidade de 10m/s".
> >
> > O primeiro que pensamos todos foi: "que carallo fai un raposo baixando a
> esa
> > velocidade por unha montaña"
> > Pois resulta, que miramos no diccionario, e ZORRA siginifica TRINEO.
> > Nadie usa a palabra ZORRA, usáse TRINEO.
> >
> > Con todo isto, quero dicir, que non debemos seguir a norma o pé da
> letra,
> > porque ademáis de facerse un galego feo, polo menos para min, a maioría
> dos
> > galego falantes non entenden a maioría das traduccións, por usarse
> palabras
> > normativas que no galego habitual non se usan.
> > Debemos adaptarnos as PERSOAS non a NORMA.
> > Eu, sinceramente, cústame moito máis configurar o UBUNTU en GALEGO que
> en
> > CASTELÁN. En Castelán enterome de todo, en Galego non, e iso que falo
> galego
> > todo o día dende que nacín.
> >
> > É unha suxerencia, pero creo que é do máis acertada, e volvo repetir,
> hai
> > que adaptarse o USUARIO/PERSOA non a NORMATIVA.
> >
> > Un Saúdo!
> > ----- Original Message -----
> > From: "Festor" <festor90 at gmail.com>
> > To: "List for coordination of Ubuntu Galician translation team"
> > <ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
> > Sent: Friday, September 14, 2007 3:35 PM
> > Subject: Re: [Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas
> >
> >
> > El día 14/09/07, Antón <vegarede at yahoo.es> escribió:
> >> Eu que saiba, téntase emprega-lo normativo. Pero, con todo, eu opino
> que
> >> moita xente usa as traducións, por moito que, ás veces, sexan algo
> >> erróneas conforme non só á normativa, senón mesmo as diferentes
> >> normativas do galego (que as hai).
> >>
> >> Comprendo que estando en 1º de Bac. tentes seguir tanto a normativa, e
> é
> >> o natural, agora, tamén penso que (aínda que esto que vou a dicir sone
> >> un pouco "fora de tema") hai que loitar por unha normativa que sexa
> >> natural para @s empregantes do idioma, ¿non cres?
> >
> >
> > Non sei, alá vos, pero eu creo que debemos seguir unha normativa se non
> cada
> > un traducirá coma queira, como emprega a lingua ou como se fale alí onde
> > vive... e iso sería un caos.
> >
> > Non obstante, comprendo ca normaitva vixente non é tan cercana como
> > quixeramos pero aí está e debemos empregala sempre que podamos. Ubuntu é
> un
> > sistema operativo que pode empregarse en administracións públicas, en
> > empresas ou no fogar e debería seguir una normativa non "crear una nova"
> >
> > E que, imaxinaros, vos sodes un rapaz estudante que fala e emprega o
> Galego
> > que aprendeu na escola e se lle ocorre instalalo Ubuntu... ¿imaxinaros a
> sua
> > impresion o descoñecer expresións traducidas....?
> >
> > Vos mesmos, como xa dixen alá vos eu polo menos ata Decembro non
> volverei co
> > tema das traduccións e de seguir así creo que deixarei a un lado a miña
> > intención de pasalo Ubuntu o galego e quedareime co castelan xa que polo
> > menos é máis "uniforme".
> >
> > Ata outra :D
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list