[Tradutores-Ubuntu] As miñas traducións

Ubuntu ubuntu at galizaweb.net
Sat Oct 20 17:28:01 BST 2007


Certo. Acabo de comprobar que recibín esa mensaxe. Agora lembro que o que
fixen foi ir a Launchpad para ver o que había que facer, pero como non me
aparecía ningunha mensaxe relacionado con isto, non vin nada novo, e podía
seguir editando (iso me parecía) pensei que sería algo automático e sen
sentido. Grazas.

Xosé



--------- Mensaxe Orixinal --------
De: List for coordination of Ubuntu Galician translation team
<ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
Para: List for coordination of Ubuntu Galician translation team
<ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
Asunto: Re: [Tradutores-Ubuntu] As miñas traducións
Data: 20/10/07 16:36

>
> Ubuntu wrote:
> &gt; Hai tempo que observo que as miñas traducións non se inclúen
> &gt; automaticamente, que están permanentemente pendentes de revisión e
que eu
> &gt; non podo revisar e aprobar as de outros usuarios. Que pasa?
> &gt;
> &gt; Xosé
> &gt;
> Ola Xosé,
>
> A túa conta caducou o 6 de xullo. Desde hai un tempo, tal e como
> consultei nesta lista, só renovo as contas da xente que o pide (non lle
> vexo sentido a ter contas con permiso de escritura activadas se non se
> usan).
>
> Tívoche que chegar un correo avisándote da caducidade da conta. En
> calquera caso, xa cha activo.
>
> Un saúdo.
>     Felipe.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
>




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list