[Tradutores-Ubuntu] HOla
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Mon Oct 15 21:54:21 BST 2007
Ola Alex,
Pensei que utilizaras a páxina de tradución de Ubuntu
(https://translations.launchpad.net/).
Non sei se coñeces como está organizado o mundiño da tradución do
software libre ao galego. Desculpa se o que poño a continuación che
parecen obviedades:
Ubuntu é unha distribución de GNU/Linux, e como tal, empaqueta,
configura e adapta unha serie de aplicacións. Estas aplicacións
teñen as súas páxinas web e habitualmente dispoñen dun equipo de
tradutores. Para o galego, moitas destas traducións coordínanse no
"Proxecto Trasno". Na súa lista de correo
(http://www.trasno.net/trasno:lista) poderás contactar con Ignacio
Casal Quinteiro, que é quen se encarga de coordinar as traducións
das aplicacións de Gnome (http://l10n.gnome.org/teams/).
Unha vez Ignacio suba o ficheiro traducido, integrarase na seguinte
versión dos "Gdesklets", e de aí pasará tamén a Ubuntu (e a tódalas
demáis distribucións GNU/Linux).
Na páxina de desenvolvemento de Ubuntu (https://launchpad.net),
pódese traducir directamente a aplicación, pero deste xeito ---e
polo momento--- a tradución non entrará nas outras distribucións.
Poderías subir tamén a Launchpad o teu traballo, co que se
aceleraría a integración en Ubuntu, pero neste caso concreto
"Gdesklets" non está aínda configurado para poder ser traducido coa
"nosa" ferramenta web.
Tal vez te preguntes para que serve entón o sistema de tradución
propio de Ubuntu. O motivo da súa existencia, é que cada
distribución adapta os programas ás súas necesidades e introduce ou
modifica cadeas de texto, que teñen que ser traducidas e revisadas.
Ademais Ubuntu dispón dunha ferramenta web cómoda: pódese utilizar
para traducir e logo para enviarlles os resultados aos creadores dos
programas.
Resumindo:
Para subir a tradución de "gdesklets" teste que apuntar á lista de
correo do Proxecto Trasno, e mandarlle o ".po" a Ignacio Casal
Quinteiro.
Un saúdo.
Felipe.
faidoc ds wrote:
> Na paxina onde descarguei o .po, que é:
> http://l10n.gnome.org/module/gdesklets-extras, non aparecen ningunha ligazon
> de actions
>
> El día 15/10/07, Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com> escribió:
>
>> No menú "actions", no mesmo sitio onde aparece a opción de descarga do
>> ".po", hai unha opción de "Upload a file". Agora mesmo non estou seguro
>> de se ao non ter permiso de escritura che permite subir igualmente o
>> ficheiro, aparecendo as túas traducións como suxestións, ou directamente
>> non aparece. ¿Poderias comprobar se tés a opción dispoñible?
>>
>> Un saúdo.
>> Felipe.
>>
>> faidoc ds wrote:
>>
>>> O problema é que non sei onde nin como teño que facer as suxestions. Eu
>>> descargueime un .po dun programa sen Galego e xa o fixen. Que debo de
>>>
>> facer
>>
>>> agora, onde o subo?
>>>
>>> El día 15/10/07, Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com> escribió:
>>>
>>>
>>>> faidoc ds wrote:
>>>>
>>>>
>>>>> ME llamo Alex y soy de Pontevedra.
>>>>>
>>>>> Espero poder entrar en el grupo de traducción
>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>> Ola Alex,
>>>>
>>>> Non se pode dicir que fixeses a solicitude para entrar no grupo de
>>>> tradución de Ubuntu ao GALEGO da mellor forma posible...
>>>>
>>>> En calquera caso, antes de entrar no grupo podes realizar suxestións
>>>> para as traducións en Launchpad. Deste xeito poderemos comprobar a
>>>> calidade das túas traducións antes de proporcionarche o permiso de
>>>> escritura.
>>>>
>>>> Un saúdo.
>>>> Felipe.
>>>>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list