[Tradutores-Ubuntu] Problemas con linuxdoc
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Fri May 4 10:07:50 BST 2007
Eu estaba usando o gedit, pero moitas gracias polo teu consello, heino
probar. Tamén hei probar o de especificar a codificación nas páxinas
web. Xa vos contarei que tal me foi.
Ata logo,
Leandro Regueiro
On 5/4/07, Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com> wrote:
> Nunca usei linuxdoc, pero teño tido problemas similares debido á
> codificación que utiliza o editor de texto. É posible que o teu editor
> utilice utf-8, e que linuxdoc non o identifique.... Eu probaría a
> cambiar a codificación do editor a latin1 ou a outra (por exemplo, en
> vim con ":set encoding=latin1"). Xa nos contarás.
>
> Un saúdo.
>
>
> Leandro Regueiro wrote:
> > Non, non creo que ese sexa o meu caso. Uso Dapper. Creo mais ben que é
> > cousa do linuxdoc, que non converte ben o documento sgml. Igual
> > especificando a codificación nas páxinas web que crea se soluciona o
> > erro. Heino probar na casa, pero se alguén ten algunha suxerencia que
> > mo diga, por favor.
> >
> > Ata logo,
> > Leandro Regueiro
> >
> > On 5/4/07, Dani Muñiz <dani at areoso.com> wrote:
> >
> >> Ola a tod at s:
> >>
> >> Non sei se ten que ver, hoxe instalei o ubuntu festy 7.04 e cando
> >> reconfigurei o modo grafico os acentos saían todos mal, parece un erro
> >> de codificación.
> >>
> >> O comando lanzado foi: sudo dpkg-reconfigure xserver-xorg
> >> tamén vin o uso de "nembargantes" que actualmente está descartado (na
> >> RAG, refírome)
> >>
> >> Outra cousa tiven que cambiar as fontes dos repositorios de es a us xa
> >> que nas es dallaba a descarga translation-gl.
> >>
> >> Saudos
> >>
> >> Leandro Regueiro escribiu:
> >>
> >>> Ola a todos,
> >>> onte puxenme a traducir a documentación de Realtimebattle e cando
> >>> levaba un pouco traducido deume por facer a conversión de formato a
> >>> html para ver como quedaba. Resulta que non se pode usar o idioma
> >>> galego e os tiles non aparecian como debian. Probei poñendo como
> >>> idioma o castelán pero o problema persistia.
> >>>
> >>> ¿Alguén de vós tivo experiencia con linuxdoc ou sistemas semellantes
> >>> como creo que son docbook ou debiandoc e me pode aconsellar?
> >>>
> >>> Moitas gracias,
> >>> Leandro Regueiro
> >>> N�����r��zǧvf���)��^r�.�˛���m�kj��net=
> >>>
> >> --
> >> Remitente:
> >> Daniel Muñiz Fontoira
> >> Eu uso software libre [1]
> >> [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list