[Tradutores-Ubuntu] Oficialidade/non oficialidade

Antón vegarede at yahoo.es
Thu Mar 1 03:34:44 GMT 2007


A ver... oficial hai, que é o da Xunta, agora...¿galego real?.

Eu opino que non hai ningunha variante normativa (sexa AGAL, sexa a
RAG-ILGA-Xunta, ou calquera que sexa) que recolla o galego actual tal
cal é, e mesmo sequera o galego histórico.

No canto de ver como se fala efectivamente o galego, cada un dá a súa
variante, substentando a mesma nalgunha variante histórica, sen facer un
verdadeiro estudo completo sobor da súa historia, e sen buscar realmente
o galego dos pobos e cidades,e vendo cales son as súas variantes.

E é que con todo, penso que o que se ensinaba nos colexios nos anos 80
respecto da lingua, tiña moitísimo respecto polas variantes 'dialectais'
do galego, permitindo a súa variedade. 

Doutra banda, certo é que as normativas "non oficiais" do galego, seguen
certos paradigmas culturais que, como tales, son susceptibles de todo o
respeto e, mesmo, non está mal ter algún tipo de competencia idiomática
neles, maxime para as persoas que teñan facilidade para aprender linguas
(caso que é o meu, ou eso opino)

Con todo, penso que hai que se dar conta de que o galego é o galego, e,
aínda que respecto ao reintegracionismo (corrente cultural que defende
que o português e o galego son a mesma lingua) -permítaseme o carapucho
en "português"-, penso que o galego e o portugués -permítaseme o acento
agora- xa non son a mesma lingua, aínda que recoñezo ao galego como
ponte moi válida entre as linguas romances e o português a hora da
aprendizaxe, tanto como ao português coma ponte cara o galego.

Con todo, penso que o respecto ás variantes "culturais" do galego (norma
AGAL e outras) debería ser máximo en toda Galicia (ou Galiza, coma
prefirades).

Sexa coma sexa, o que é certo (ou iso penso) é que debemos facer algo e,
se propoño primeiro, presionar á Real Academia Galega (aínda que sexa
por medio do ILG (Instituto da Lingua Galega), é para que logo non se
diga que non se lles tivo en conta, e, de dicilo, ter nos unha arma para
decirlles: aquí llelo dixemos e non nos fixeron caso. No caso de que
atendan as nosas suxerencias, está claro o porque ;).

Ah, finalmente aclarar: 

RAG: A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como
obxectivo fundamental o estudo da cultura galega e especialmente a
ilustración, defensa e promoción do idioma galego. 

Son finalidades da Real Academia Galega: 

Establecer as normas referidas ao uso correcto da lingua galega,
conforme o disposto na Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización
Lingüística, do Parlamento de Galicia, nomeadamente:  
              * A elaboración da norma gramatical, ortográfica e
                fónica. 
              * O inventario do léxico e a proposta dun dicionario de
                uso. 
              * A modernización e actualización do léxico. 
      * Estudar e propor a restauración da onomástica galega. 
        
        
        
      * Velar polos dereitos do idioma galego. 
        
        
        
      * Defender e promover o idioma galego. 
        
        
        
      * Asesorar os poderes públicos e institucións sobre temas
        relacionados co uso correcto da lingua e coa súa promoción
        social. 
        
        
        
      * Estudar e dar a coñecer o patrimonio literario e documental da
        institución. 
      * Decidir a personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o
        Día das Letras Galegas. 

(fonte: http://www.realacademiagalega.org/academy/GoToObjectives.do)


ILGA: O Instituto da Lingua Galega é un centro de investigación
lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. O labor
investigador que desenvolve o ILG distribúese en varias seccións:
Lexicografía, Xeografía lingüística e Dialectoloxía, Onomástica,
Fonética, Gramática, Sociolingüística e Historia da lingua.

(fonte: http://www.usc.es/~ilgas)

AGAL:
AGAL
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ir a: navegación, procura
A Associaçom Galega da Língua é un colectivo reintegracionista creado en
1981 que pretende a plena normalización do galego, que entende ser unha
póla da lingua galego-portuguesa. Contraria á normativa da RAG, a súa
Comissom Lingüística editou as súas propias normas en 1983 co título de
Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

A AGAL visa e reintegración do galego no ámbito lingüístico a que
historicamente pertence: o galego-luso-brasileiro. Considera que o
galego é a denominación que o Galego-Português ten na Galiza e asume que
o nome internacional é Portugués. Esta é lingua propia de Galiza,
Portugal e Brasil, que é tamén lingua oficial en Angola, Mozambique,
Cabo Verde, Guiné Bissau, São Tomé e Príncipe e Timor Lorosae, parte
dunha comunidade lingüística internacional coñecida como Lusofonía.

Dende 1995 edita trimestralmente a revista Agália e mantén as coleccións
de libros Universália e Criaçom. O seu presidente dende o 2001 é
Bernardo Penabade

(Fonte: http://gl.wikipedia.org/wiki/AGAL )

A Mesa (pola normalización lingüística): A MESA pola Normalización
Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten
como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da
vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender
iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso
do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de
agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar
que se respecte o seu uso individual e colectivo.

(Fonte: http://www.amesanl.org/quensomos.html )


Sinto o longo da mensaxe, e agardo que fora de utilidade e informativa. 

Unha aperta,

Antón.



		
______________________________________________ 
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. 
http://es.voice.yahoo.com




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list