[Tradutores-Ubuntu] Sobre a tradución de Inkscape

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Mon Jun 25 20:11:47 BST 2007


Ola, son Leandro Regueiro, o tradutor oficial de Inkscape dende hai un ano.

Non sei se estariades facendo traducións que despois colleron os de
Inkscape ou como é o asunto, pero hoxe acabo de atopar "trazado" tres
veces e eu non fun que usou ese termo, xa que o ano pasado botei unha
boa media hora consultando se era correcto ou axeitado e despois de
concluir que non o era, estiven cambiandoo por "trazo".

Para aforrar problemas lembrovos que ademais de enviar as traducións
ós creadores dos programas, tamén é aconsellable avisar ós tradutores
oficiais.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list