[Tradutores-Ubuntu] Xa se pode traducir Ubuntu 7.10 (Gutsy)
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Tue Jun 12 18:27:49 BST 2007
Felipe Gil Castiñeira wrote:
> Na lista de correo de Launchpad [1] acaban de anunciar a apertura do
> proceso de tradución de Ubuntu 7.10 ("Gutsy"). A páxina para as
> traducións ao galego está en:
>
> https://translations.launchpad.net/ubuntu/gutsy/+lang/gl
>
> No mesmo correo anúnciase que vai existir de novo o "Daily language
> pack": un repositorio de onde se podan descargar os paquetes de idioma
> actualizados ao día (coas traducións que estean na interface web). Deste
> xeito os tradutores poden ver como queda o seu traballo na aplicación final.
>
> Un saúdo.
> Felipe.
>
> [1] https://lists.ubuntu.com/archives/launchpad-users/2007-June/001574.html
>
Sigo con este correo xa só na nosa lista, para comentar un detalle:
Nas anteriores versións de Ubuntu xa era importante que nos
centrásemos só naquelas cadeas ou aplicacións que fosen específicas
de Ubuntu (e para o resto das aplicacións que contactásemos co
tradutor "oficial" antes de comezar a traballar), pero neste caso é
máis importante: aínda non se conxelaron as cadeas de KDE nin de
GNOME, co que é máis que probable que de facer traducións para as
súas aplicacións acabemos tendo moitos problemas de sincronización.
Un saúdo.
Felipe.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list