[Tradutores-Ubuntu] Pertenza ao grupo de tradución

Daniel Muñiz Fontoira dmunhiz at gmail.com
Tue Feb 27 17:23:45 GMT 2007


Ola:

Primeiro:
Coñezo ciberirmandades, de feito hoxe mesmo enviei un correo a elpais.com
Tamén teño publicada a tradución do fireftp (estensión firefox) nese
mesmo sitio (ciberirmandades).

Segundo:
A ver, colocar un dicionario en liña? cantos seríamos a pasalo? Que
validez tería?
Se a RAG tivese un aínda que fose en papel poderíase intentar pero tanto
chollo requiriría moita xente disposta a colaborar a eito.
Penso que o que hai que esixir é que a RAG faga o seu traballo, eu
cansei de enviarlle correos, que ademais non contestan.
E se a rag non ten medios haberá que esixir que llos poñan.

Saudos




Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Marcos García escribió:
> ...
> 
> Se me acaba de ocorrer unha idea, pero paréceme unha tontería :S
> ¿Porqué non colocamos nos un diccionario en liña?
> Eu teño coñecementos web para facer interactivas as webs....
> Non sei, quizais sexa unha tonteria... xD
> 
> El día 27/02/07, Antón <vegarede at yahoo.es> escribió:
>> Estimado Daniel,
>> Estimados compañeiros,
>>
>> Creo que, dada a situación actual do dicionario en liña, hai que tomar
>> unha decisión. Para @s que non a coñezades, a ciberirmandade da fala é
>> unha plataforma que manda inquéritos ás páxinas web para que poñan
>> versión galega.
>>
>> Penso que sería bó que todos nos desemos de alta e colaboraramos.
>> Voulles propor que lles esixan que poñan o novo dicionario en liña. As
>> editoriais xa teñen o seu público obxetivo, así que... se aguanten e non
>> sexan tan elitistas porque..que pasa.. o galego só é para quen pode
>> pagalo?.
>>
>> Unha aperta,
>>
>> Antón.
>>
>>
>>
>> ______________________________________________
>> LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
>> Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
>> http://es.voice.yahoo.com
>>
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
> 
> 
> 



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list