[Tradutores-Ubuntu] Pertenza ao grupo de tradución
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Mon Feb 26 22:58:56 GMT 2007
Ola Marcos,
En animosidade levas un 10 :-)... Sobre o tema das traducións, ten
sempre a man unha gramática actualizada do galego
(http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego) e un
dicionario. A calidade das traducións é máis importante que a cantidade
(ver faltas ou expresións incorrectas dá moi mala impresión nunha
aplicación seria).
Se tés algunha dúbida sempre podes utilizar tamén a lista de correo.
Saúdos.
Felipe.
Marcos García wrote:
> Boas Felipe:
>
> Replanteándome a pertenza o grupo de traducción de ubuntu, non sei se merezo
> estar aquí. O meu galego non é moi bó, traduzo mellor do ingles-> español e
> galego -> español se as palabras están no meu vocabulario.
> Nótase moito a impoñenza do español na xuventude, xa que moita xente,
> pásalle como a min, que non somos de aldea, e non temos apenas vocabulario,
> polo que acabamos adoptando o español
> Opinando sobre o que ti dixeches de desactivar as contas, pois paréceme boa
> idea, ainda que podo ser un dos perxudicados. Dende hoxe, vou comezar a
> traducir o que poida, xa que estou con exames de avaliación.
>
> PD: Voume apuntar á beta de Launchad e pondreime a traducir o 7.04 Feisty
> Fawn.
>
> PD2: Se vés algún erro nas miñas traduccións, (imaxino que isto non o debo
> dicir, porque se sobreentende) comúnicamo mediante as listas de correo.
>
> Saludos, Marcos
>
>
> El día 26/02/07, Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com> escribió:
>
>> Ola a todos,
>>
>> A maioría dos grupos de tradución de Ubuntu están restrinxindo a
>> pertenza ao grupo a aquelas persoas que realicen traducións (correctas),
>> deixándolle ao resto a posibilidade de facer suxestións.
>>
>> Ata agora no noso grupo estábase renovando a pertenza de forma
>> automática. Seguindo as políticas dos outros grupos, o procedemento
>> cando a alguén lle caduque a conta pasa a ser o seguinte:
>>
>> 1. Colaborar activamente na tradución de cadeas.
>> 2. Mandar un correo á lista solicitando a reactivación.
>>
>> Despois de comprobar que efectivamente se realizan traducións sen
>> incorreccións, reactivarase a conta. *¿Opinións?*
>>
>>
>> Un saúdo.
>> Felipe.
>>
>>
>> P.S.: Como indicaba no correo anterior, que tamén mandei a "trasno" e a
>> "mancomún", ao longo desta semana vaise poder traducir "Ubuntu Feisty".
>>
>> P.S (2): Está activa unha nova versión de launchpad en
>> https://beta.launchpad.net (mellorou moito gráficamente). Polo momento
>> só se pode usar uníndose ao grupo de "beta testers".
>>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list