[Tradutores-Ubuntu] Ubuntu Feisty

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Mon Feb 26 10:15:45 GMT 2007


Ola a todos!

Ao longo desta semana vaise actualizar a ferramenta de tradución web de
Ubuntu (Rosetta) para a tradución de Feisty (Ubuntu 7.04). A URL vai ser
https://www.launchpad.net/ubuntu/feisty/+lang/gl.

Ademáis das cadeas propias, Ubuntu utiliza as traducións feitas nas
aplicacións e nos paquetes orixinais con algún pequeno parche (polo
momento en Rosetta non é posible diferenciar as cadeas propias das
xenéricas).

Aproveito para pedirvos aos que sexades usuarios de Ubuntu a vosa axuda
(especialmente na detección de erros, informando en
ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com), e para agradecervos aos que realizades
as traducións orixinais de GNOME, KDE, Xfce, Debian, Mozilla, etc. todo
o traballo feito.

Un saúdo.









More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list