[Tradutores-Ubuntu] Asóciate ó novo portal da Rede de Acción Socio Cultural Arredemo

A.S.C.Arredemo. asc at arredemo.info
Thu Apr 26 02:50:42 BST 2007


Caras  compañeiras e caros compañeiros

Poñémonos  en contacto convosco para vos informar da publicación do web  da Asociación Socio-Cultural Arredemo , a base social desde a que nos vindeiros  meses iremos pór en marcha o terceiro proxecto da Rede de  Acción Socio-Cultural, un novo portal de comunicación  ao servizo da información independente e da dinamización  do tecido socio-cultural galego.

A  Asociación está aberta a persoas e colectivos que  queiran colaborar e participar no mantemento económico e  humano do portal, e ofrece diversos servizos aos socios e socias, desde o aloxamento de  webs no servidor de Arredemo, as Leiras,   ata a asistencia  administrativa aos socios e socias que o requiran para os seus  proxectos, alén de espazos publicitarios, axenda, e libre  distribución de materiais.

A súas fontes de financiamento van ser: as cotas anuais, o aloxamento de webs no servidor, as doazóns, as subvencións públicas para asociacións sen ánimo de lucro, a publicidade e os propios proxectos a desenvolver pola Rede.    

Neste sentido queríamos animarvos a visitar o web e coñecer máis profundamente o proxecto, de cara a valorar a vosa posíbel asociación ou calquera outro xeito de colaboración. Para calquera dúbida ou información ficamos ao voso dispor a través da Axuda en Liña do web, vía e-mail, ou por telefone, onde vos atenderemos o máis axiña que podamos.    

Unha aperta.    

A Xunta Directiva da ASC Arredemo.

asc at arredemo.info

 

Si non podes leer ben este correo podes ir a:
http://arredemo.info/carta_de_presentacion.html
Si non queres recibir correos da nosa asociación responde esta mensaxe coa palabra baixa no asunto. 


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list