[Tradutores-Ubuntu] A versión en galego de Gnome coordinada por Mancomún aparecerá en Ubuntu 7.04

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Wed Apr 11 11:22:58 BST 2007


Grazas ao aviso de Ignacio Casal Quinteiro e ao seu traballo xunto coa 
xente de Mancomún, puidemos subir a última versión da tradución ao 
galego do Gnome á ferramenta de tradución web de Ubuntu antes de que se 
conxelen as traducións.

Isto implica que a versión 7.04 de Ubuntu (que sairá o día 19 deste mes) 
vai traer un escritorio traducido case por completo ao galego con unha 
boa calidade.

Un saúdo.
    Felipe.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list