[Tradutores-Ubuntu] Coherencia nas traducións

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Thu Oct 19 00:37:40 BST 2006


Ola,

Xa sabedes que a nova versión de Ubuntu -"Edgy"- está próxima a sair (26 de
outubro), así que me puxen a revisar as traducións. Nalgunhas hai UNHA GRAN
INCOHERENCIA debido a que a persoa que continuou o traballo non respetou o
estilo de quen iniciou a tradución.

É IMPRESCINDIBLE QUE TODA A TRADUCIÓN SEXA COHERENTE, por iso debemos seguir
unhas normas. Para adecuarnos á maioría dos programas traducidos, creo que o
máis adecuado e tomar o estilo que recomendan desde trasno (
http://www.trasno.net/trasno:estilo), é dicir:

   - Trato de "vostede" ao usuario (non "ti").
   - Seguir a normativa oficial (se se teñen dúbidas, débese utilizar un
   dicionario).
   - En canto ás variantes (ó/ao, dende/desde, segunda forma do artigo,
      etc...), non hai restricións, pero recoméndase utilizar a
terminación -ble.
      En calquer caso DENTRO DUN MESMO PROGRAMA DÉBESE SER HOMOXÉNEO.

Se alguén non está de acordo, que o discuta nesta lista, pero debe seguir
estas normas. No caso contrario, que deixe de traducir, ou senón vereime
obrigado a limitar os permisos desa persoa a facer suxestións.

Un saúdo.
    Felipe.

P.S.: Cómpre organizarnos para revisar/corrixir as traducións. ¿Algún
voluntario/a?
-------------- next part --------------
An HTML attachment was scrubbed...
URL: https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20061019/1db2b1b0/attachment.htm 


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list