[Tradutores-Ubuntu] Preséntome

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Mon Oct 2 23:16:08 BST 2006


Marcos Garcia wrote:
> Non son galego de pura raza, xa que meu pai foi de Aranda de Duero
> (Burgos) pero miña nai é de aki, de Galicia.
> Son un neno de 14 años :P de A Coruña, encántame a informática e o
> sóftware libre, e agora estou aprendendo o lenguaxe C. Espero que miña
> axuda sexa útil e que poidamos dispoñer do linux traducido ó Galego e
> que tamén teñamos o dominio .gal. Se queredes falar conmigo, meu msn é:
> yo.garcia at hotmail.com ou marquitox at irc-vse.org. meu jabber é:
> Marquitox at jabberes.org. E no internet encóntrome no servidor:
> irc.ubuntuzone.org porto 6668 co nick Marquitox
>   

Ola Marcos,

Encántame que xente tan nova coma ti se interese polo software libre, a
programación e o galego. Ademáis estou seguro que se segues con este
interese e forza vas chegar moi lonxe.

Ademáis de para felicitarte, escríboche porque detectei algunha
incorrección nalgunha das túas traducións. Supoño que estas de acordo,
en que  unha tradución con faltas lle resta "calidade" aos programas e
dá unha mala impresión. Por favor, revisa as cadeas, e se tés dúbidas na
tradución marca o cadro "Someone should review this translation", ou
utiliza un dicionario actualizado (tamén che pode ser de utilidade o
VOLGA - http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp - que contén
un vocabulario da lingua galega).

Un saúdo.
    Felipe.




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list