[Tradutores-Ubuntu] Xornadas Galego-Lusófonas de Sw Libre

Roberto Brenlla brenlla at agnix.org
Mon Nov 20 23:54:09 GMT 2006


Olá,

Do 30 de novembro ao 3 de decembro 2006 celebraranse no Concello do
Porriño as I Xornadas Galego-Lusófonas de Software e Coñecemento
Libres promovidas e organizadas por AGNIX e o propio concello.
Tes o programa completo
http://www.agnix.org/porrinho/programa.htm

Podes inscribirte de balde
http://www.agnix.org/porrinho/inscricion.php

O evento ten un atractivo programa que xirará ao redor de seis mesas
temáticas (entre elas unha específica sobre Lingua e Novas
Tecnoloxías) e obradoiros
técnicos, para os que contará cunha moi ampla participación de
personaxes relevantes. Nesta ocasión haberá xentes do Brasil, Portugal
e Galicia xa que a lingua é un dos motores das xornadas. Pénsase ter
representantes da diáspora galega, principlamente de Hispanoamérica,
en vindeiras ocasións.

Entre algunhas das iniciativas sinalo, por exemplo, á de Cláudio F.
Filho (Coordenador dos proxectos OpenOffice Brasil, Mozilla Brasil e
PostgreeSQL-BR3, membro de Debian Br.):

"... o documento sobre localização q te falei, passei para alguns
amigos q são os líderes de tradução do PostgreSQL e Debian, e acharam
um ótimo documento. Imaginei fazer a entrega para alguns
representantes de vcs. Podemos fazer um pequeno cerimonial de entrega?
O objetivo é explícito: ajudar as equipes q queiram traduzir Sw Livre
para seu idioma. ..."

As xornadas contan co apoio de Mancomun.org, Direción Xeral de
Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de
Innovación e Industria, CESGA e mailo Xacobeo.  Colaboran GALPon,
Chuza e Blogaliza.

Ánimo, inscríbete!

Saúdos,
-- 
Roberto Brenlla
www.agnix.org




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list