[Tradutores-Ubuntu] respecto ao openoffice

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Mon Nov 20 10:47:03 GMT 2006


Ola Pablo,

En Rosetta (a interface de tradución web de Ubuntu), os paquetes están
ordenados por prioridade.

Por outro lado, coincido con Daniel. Se estás interesado en traducir
algunha aplicación completa, deberíaste subscribir á lista de trasno e
comentalo.  Así:

    * Por un lado evitamos que se duplique o traballo (pode haber alguén
      traballando na mesma aplicación).
    * Por outro, unha vez acabes de traducir a aplicación (con Rosetta
      ou con calquer outro programa), poderaslle mandar o ficheiro ".po"
      ao coordinador para que suba a tradución ao repositorio oficial
      (así a aplicación estará traducida para Ubuntu e para o resto das
      distribucións).

Un saúdo.!
    Felipe.


Daniel Muñiz Fontoira wrote:
>    Ola:
>    Sería bó que tamén te inscribises na lista de trasno.net e comentases
>    alí que queres traducir, por se xa hai quen o estea a facer.
>    Saudos
>    Pablo Casais Solano escribió:
>
> Boas!
>    Quero presentarme, chámome Pablo Casais e son novo na lista de
> traductores de Ubuntu. Son de Pontevedra i estudio informática. Fixen
> algunhas pequenas traduccións na páxina web antes de atopa-la lista e
> gustaríame saber máis sobre o método que seguides á hora de realiza-las
> traduccións, ¿tendes algunha prioridade á hora de traducir ou elixides as
> aplicacións libremente? ¿Teño que facer algo ante de continuar coas
> traduccións? Agardo as vosas respostas. Un saúdo!
>
>      Pablo C.
>   
>   




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list