[Tradutores-Ubuntu] (no subject)

lbarcala at freeresearch.org lbarcala at freeresearch.org
Fri May 26 11:09:37 BST 2006


Xa todos sabemos que está o OpenOffice localizado ao galego. A versión que
se localizou dispoñible en mancomun.org é a 2.0. Creo que Ubuntu Breezy
utiliza esa versión (ou similar), por tanto a miña pregunta é a seguinte.

¿Qué temos que facer para que esa tradución estea dispoñible en Ubuntu?

En
http://www.mancomun.org/index.php/index.php/index.php/content/view/171/107/#po

están os .po correspondentes para a localización.

¿Que teriamos que facer? ¿Hai que subir eses po ao launchpad? ¿Xa están
subidos?

O caso é que me perdo un pouco con tantos sistemas de localización, tantas
distribucións, xente de diferentes distribucións localizando as mesmas
cousas...

Partamos dun exemplo concreto:

Xa hai unha tradución do OpenOffice ao galego (e creo que é unha versión
igual ou moi próxima á que ten Breezy). ¿Cómo facemos para tela en ubuntu?
¿Que proceso debemos seguir?

A ver se alguén me pode aclarar un pouco a situación.


E por outra parte, cando eu introduzo algún cambio nalgunha tradución a
través da Rosetta, dime que hai un supervisor que ten que aprobar os
cambios. ¿Quen é ese supervisor? ¿Felipe? ¿Alguén alleo a Ubuntu?
Vamos, que non entendo moi ben o funcionamento de todo isto.

Un saúdo a todos,

  Mario







More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list