[Tradutores-Ubuntu] Coordinacion con trasno

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Sat Jun 17 13:29:11 BST 2006


Ola Javier,

O que acabas de dicir é *MOI IMPORTANTE*, sobre todo para evitar a
frustración ao ver que parte do traballo que se acaba de facer se perde.
Relacionado con iso, é igualmente *IMPORTANTÍSIMO* ao rematar unha
tradución:

   - Avisar na lista para:
      - Que eu xere o ".po" e llo mande ao coordinador da tradución,
      ou
      - Xerar o ".po" e mandarllo ao coordinador.

Acabo de editar unha primeira versión do Wiki (
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators) con esta información e
algunha máis. Invítovos a modificalo con aquela información que creades
necesaria. O problema desta páxina do Wiki, é que non é moi visible, o ideal
sería poder poñer un aviso na páxina de tradución (
https://launchpad.net/distros/ubuntu/dapper/+lang/gl). Pedirei na lista de
Launchpad que engadan esta posibilidade.

Un saúdo.
  Felipe.



On 6/16/06, Javier Jardón <javierjc1982 at gmail.com> wrote:
>
> Moi boas!
>
> Son Javier Jardón, quería presentarme á lista e de paso comentar unha
> cousa que creo importante.
>
> Cando vaiades traducir algo con rosetta, é _MOI_ aconsellable que
> vaiades primeiro a paxina web de trasno (trasno.net) para ver se o que
> vades traducir xa está verdaderamente traducido, pois hay _MOITOS_
> paquetes que aparecen en rosetta como non traducidos cando
> verdaderamente xa o están nos repositorios oficiais. Por exemplo, se
> traducides para KDE fixádevos antes na páxina
> http://trasno.net/kde/kde-trunk.php onde está o último do último
> traducido no repositorio oficial de KDE.
>
> Só queria avisa de isto pois levo toda a tarde traducindo e acábome de
> dar de conta que todo o que fixen xa estaba feito :-(
>
> Tamén creo que sería recomendable avisar de isto na páxina do grupo de
> traducción, por se hay alguén que non le a lista.
>
> Nada máis, un saúdo a todos/as.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
>
>
-------------- next part --------------
An HTML attachment was scrubbed...
URL: https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20060617/63790412/attachment.htm


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list