Re: [Tradutores-Ubuntu] Engadir traducións novas á distribución instalada

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Fri Jun 16 09:10:02 BST 2006


On 6/16/06, Daniel Muñiz Fontoira <dmunhiz at gmail.com> wrote:
>
>  Moi interesante
>  Por certo hai algún glosario de palabras para traducir de xeito homoxeneo?
>  Por exemplo:
>  password: contrasinal, sinal, chave...
>  timestamp: non o teño claro "Insertar hora"??
>  libglade??
>  pics??
>  webcamshots??
>
>  Saudos e grazas

En todo caso "Insertar" non existe.
password : contrasinal
libglade non se traduce.

Tes glosarios en http://trasno.net/axuda/diccionario/  e en
http://www.galego21.org/doku.php/proxectos:glosario  pero o certo é
que veñen sendo máis ou menos o mesmo. Entre todos podemos ampliar e
mellorar o de galego21.org que está nun wiki.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list