[Tradutores-Ubuntu] Gnome
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Wed Jun 14 09:20:45 BST 2006
Nacho wrote:
> Ola que tal? Son Ignacio Casal, o actual coordinador de traducións de
> Gnome ao galego.
> Subscribinme a esta lista porque non sei se estamos duplicando os
> esforzos a traducir o mesmo software ao galego.
> Gustaríame que me dixérades qué programas da seguinte lista están xa
> traducidos ao galego para non traducilos.
> Saúdos.
> A lista de programas podédela ver aquí:
> http://l10n-status.gnome.org/HEAD/gl/index.html
Ola Ignacio,
A lista de programas traducidos utilizando Rosetta é a seguinte:
https://launchpad.net/distros/ubuntu/dapper/+lang/gl
Xa vin o fío sobre "duplicación de esforzos" na lista de Trasno
(trasno at ceu.fi.udc.es). Falaramos diso nesta lista, e aproveito de novo
para pedirlle a todo o mundo que siga o seguinte procedemento:
1. Se se vai traducir un programa completo, avisar na lista de Trasno
(para evitar que outra persoa o estea traducindo en paralelo).
2. Ao rematar unha tradución avisar nesta lista para que poda xerar o
ficheiro ".po" e mandarllo equipo encargado das traducións ou do
mantemento do programa (ou facelo un mesmo, pero avisando, para
que eu non o faga de novo).
Un saúdo a todos!,
Felipe.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list