[Tradutores-Ubuntu] Tradución de XFCE (Xubuntu)

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Thu Aug 17 13:46:55 BST 2006


Ola Leandro,

Leandro Regueiro wrote:
> Ola,
> eu xa dixera, non sei se nesta lista tamén, hai algún tempo, pero non
> moito, que me ía poñer a traducir o Xfce. Xa contactei cos de Xfce e
> estou apuntado á lista. Supoño que se alguén máis se apunta haberá que
> nomear a alguén coma coordinador. Se ser coordinador non comporta
> moito traballo apúntome, pero con iso non me ofrezo a andarlle
> enviando as traducións que fagan outros do equipo á xente de Xfce.
>   
Si, son consciente deses correos ( só apareceron na lista de trasno),
pero entendín que de momento o deixabas. Por outro lado o coordinador
debería ser o encargado de mandar as traducións, a non ser que os de
Xfce deixen que calquera do equipo o faga.
> A miña idea era poñerme a traballar despois dos exames de setembro,
> pero tamén tiña pensado traducir o Inkscape en dúas semanas e xa levo
> case o dobre. O peor é que case non cheguei ó 60% e cada vez cóstame
> máis traducir unha ou dúas cadeas.
>
> Xa de paso podedesme enviar a ligazón para subir o ficheiro .po de
> Inkscape a Rosetta, que xa o subo ainda que non estea moi avanzada a
> tradución.
>   
https://launchpad.net/distros/ubuntu/dapper/+source/inkscape/+pots/inkscape/gl/+upload
> Dúas cousas máis. Antes era XFCE pero agora é Xfce. Unha simple
> cuestión estética pero éche así. A outra cousa é que en galego non
> existe "entorno". Para esa contexto usamos ambiente de escritorio,
> ainda que eu sempre crin que só habia dous ambientes de escritorio:
> KDE e GNOME.
>   
Aínda hai algún máis...

> Outra cousa máis. Se se crea o grupo de tradución de Xfce, que sexa en
> Trasno. Iso non implica que colaboremos estreitamente ca tradución en
> Rosetta.
>
>   
Por min perfecto, de feito Rosetta non ten ferramentas que faciliten a
creación/xestión do grupo.
> Ata logo,
>               Leandro Regueiro
>   

Un saúdo.
    Felipe.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list