[Tradutores-Ubuntu] Tradución de XFCE (Xubuntu)

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Thu Aug 17 12:39:14 BST 2006


Ola,
eu xa dixera, non sei se nesta lista tamén, hai algún tempo, pero non
moito, que me ía poñer a traducir o Xfce. Xa contactei cos de Xfce e
estou apuntado á lista. Supoño que se alguén máis se apunta haberá que
nomear a alguén coma coordinador. Se ser coordinador non comporta
moito traballo apúntome, pero con iso non me ofrezo a andarlle
enviando as traducións que fagan outros do equipo á xente de Xfce.

A miña idea era poñerme a traballar despois dos exames de setembro,
pero tamén tiña pensado traducir o Inkscape en dúas semanas e xa levo
case o dobre. O peor é que case non cheguei ó 60% e cada vez cóstame
máis traducir unha ou dúas cadeas.

Xa de paso podedesme enviar a ligazón para subir o ficheiro .po de
Inkscape a Rosetta, que xa o subo ainda que non estea moi avanzada a
tradución.

Dúas cousas máis. Antes era XFCE pero agora é Xfce. Unha simple
cuestión estética pero éche así. A outra cousa é que en galego non
existe "entorno". Para esa contexto usamos ambiente de escritorio,
ainda que eu sempre crin que só habia dous ambientes de escritorio:
KDE e GNOME.

Outra cousa máis. Se se crea o grupo de tradución de Xfce, que sexa en
Trasno. Iso non implica que colaboremos estreitamente ca tradución en
Rosetta.

Ata logo,
              Leandro Regueiro

On 8/17/06, Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com> wrote:
> Ola a todo o mundo,
>
> Vexo que hai bastante traducido de XFCE (o entorno de escritorio de
> Xubuntu). Dado que non existe equipo de tradución ao galego (oficial) de
> XFCE, estaría ben que as persoas que o estades traducindo o creásedes.
>
> Como as traducións xa as tedes feitas, o que habería que facer é
> comunicar á lista de correo do XFCE a intención de crear o equipo e
> subir de vez en cando o traballo feito en Rosetta. Con todo isto eu
> botaría unha man.
>
> Agardo a vosa resposta. Un saúdo.
>     Felipe
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list