ajuda !!

daniel daniel en dpinformatica.es
Vie Dic 7 10:39:30 GMT 2007


O Dom, 02-12-2007 ás 19:53 +0100, jaume garrabe escribiu:
> voldria saber com instalar un ubuntu 7.10 en un portátil, que te el
> wundows ja instalat. tinc en el disc dues particions per defecte de
> fabrica, 48701 Mb que te instalat el windows,48183 Mb que no tinc
> res , i voldrie instalar l'ubuntu 7.10. El problema em be cuan ja tinc
> quasi tot fet, com definir les particions  i com fero be.
O tema das particións é un tema que cada quen fai dun ou doutro xeito,
según preferencias. Sempre vas precisar dunha particion raiz (/, con 8
ou 10GB tes máis que dabondo) e é casi imprescindible unha swap (De máis
ou menos 1,5 veces o tamaño da tua RAM). Moita xente adoita crear unha
partición para /home na que pon a maioría do espacio para poder separar
o espacio de usuario do de sistema e así poder reparar o sistema con
menos riscos de perder datos, facilitar a copia de seguridade e outras
tarefas que implican ós datos e preferencias dos usuarios. Pola miña
parte deixo unha segunda partición de 10GB sen usar que me permite
actualizar o sistema a versións novas sen perder o sistema que empregue
nese intre. Podes gañar en rendemento do disco creando particións
adicionais para /tmp e para /var, de xeito que reduces a fragmentación
dos ficheiros, pero resulta engorroso pois é dificil calcular canto
cacho vas precisar para cada unha e rematas por perder un espacio
considerable que adoita ser moi interesante para o almacenamento dos
datos de usuario.
Se eliminas a partición valeira, deixando o espacio sen uso, e lle pides
a Ubuntu que empregue o espacio valeiro para a instalación, creará unha
partición raíz e unha swap, o que é valido para a maioría da xente.

Tenemos un idioma común. Emplearlo hace que todo sea más facil y
agradable. ;-)

-- 
Daniel Bañobre Dopico   _o)
GNU/Linux num. 416887   /\\
http://counter.li.org   \_V
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un mensaje que no está en formato texto plano...
Nombre     : no disponible
Tipo       : application/pgp-signature
Tamaño     : 189 bytes
Descripción: =?ISO-8859-1?Q?Esta=B7=E9=B7unha=B7parte=B7d?=
	=?ISO-8859-1?Q?e=B7mensaxe=B7asinada=B7dix?= =?ISO-8859-1?Q?italmente?=
Url        : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-es/attachments/20071207/08984be9/attachment-0001.pgp 


Más información sobre la lista de distribución ubuntu-es